César Santiso
Biografía | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Huesca, España | ||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||
Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña | |||||||||||||||
Período | 2011 – 2015 | ||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Ocupación | Técnico Superior en Informática, político | ||||||||||||||
Partido político | Esquerda Unida | ||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||
Lista
|
Cesar Santiso Corral, nado en Huesca[1] o 21 de xuño de 1968,[2] é un político galego, candidato e líder por Esquerda Unida-Os Verdes nas eleccións municipais de 2011 ao Concello da Coruña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de militar, naceu en Huesca e criouse no barrio de Monte Alto.[1] É Técnico Superior en Informática de Xestión.[2] Acadou uns resultados históricos para Esquerda Unida coa obtención do seu primeiro edil.
En 2015 anunciou que renunciaba a se presentar nas eleccións municipais dese mesmo ano por motivos de saúde[3] mais continuaría a prestar o seu apoio público ao partido.
Após o seu paso polo Palacio de María Pita pasaría a formar parte da Asemblea Cidadá de Carral[4].